A ruta das rochas agóchase no encanto natural da Serra do Xistral, no concello de Mondoñedo. Este paraxe forma parte da Rede Natura 2000.
Para acceder a esta ruta débese chegar o val onde se agochan as Piscinas de Viloalle lugar onde se atopa a Área recreativa "A Fervenza"
A entrada a este edén natural e a través dun camiño salpicado de pedras con diferentes formas singulares e simbólicas. Enseguida vemos un miradoiro e unha cascada. un merendeiro ben equipado con mesas de pedra, barbacoas, mesas cubertas con tellado, aseos e paneis indicativos.
Máis arriba poderás ver curiosos restos da antiga central hidráulica que aproveitaba o caudal da augua para fabricar luz. A antiga tubería oxidada, unha barreira que alguén esqueceu baixar ou varias piscinas artificiais e diferentes accesos por camiños e sobre as pedras ao pe da cascada, que forma una poza natural de gran beleza.
Os restos de la antiga fábrica de luz están alí, unha construción de pedra, vellos illadores e aparatos, e sobre todo, a percepción do paso do tempo que se palpa en lugares como este. Aquí acuden no verán moitas familias da zona para pasar o día ao aire libre e remollarse nas augas do río Tronceda.
Se seguimos o camiño ascendente que nos leva a parte alta deste paraxe, accedemos a ruta das Rochas. Para recorrelo é preciso ir camiñando ou nun todoterreo ben equipado, xa que a orografía é rochosa e escarpada.
No seu percorrido podemos observar monte baixo de toxo e brizo. O característico desta ruta son os castelos de rochas que dan honor o seu nome.
Unha vez iniciada a ruta ( esta vez con Javier, un guía coma sempre excepcional) seguimos un camiño ao lado do río Tronceda que é o máximo portador de auga do Río Masma ata chegar a plantación forestal de pinos.
Ao longo do camiño podemos observar a desfeita que o aire fixo en días anteriores tirando pinos e facendo carreiros de auga no camiño.
Logo de chegar ao alto da Braña desde onde podemos observar o Val de Mondoñedo comezamos o descenso pasando polos Castelos ( formación rochosa elevada que antigamente podíase divisar dende lonxe, pero que hoxe en día devido a masificación de eucalipto so se pode ver estando ao lado del ).
Javier como bo coñecedor da zona lévanos por paraxes onde podemos observar varias covas onde algún día serviron de refuxio a xente que fixo a plantación de feito unha de elas aínda e posuidora de leña.
Dende aquí deriximonos ata Chaelo ( localización onde algún dia viviron persoas, pois aínda se poden ver o que foron as casas)
Unha vez finalizado o descenso seguimos coa nosa ruta ata o inicio pasando pola poboación de A Cabana onde a día de hoxe podemos observar o deterioro do rural con infinidade de casas cerradas.
E ata aqui a ruta de hoxe, vemonos na seguinte en Ribeira de Pequín
Powered by Wikiloc